Aíd: “Non son unha rapeira típica, xogo ao tenis e estudo telecomunicacións”

Aíd: “Non son unha rapeira típica, xogo ao tenis e estudo telecomunicacións”

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

El Puto Coke é un dos seus mentores e tamén o produtor do álbum debut de Aída Alonso, máis coñecida como Aíd. Hai uns días chegaba ás tendas de discos Jugando, un disco con 16 cortes compostos ao longo de case tres anos nos que esta artista viguesa, de tan só 19, asegura que evolucionou moito. De entrada, os temas son diver

Aíd converteuse nunha MC mediática cando o pasado ano gañou a IV edición do Heineken Greenspace. Non obstante, a súa traxectoria comeza con 12 anos e aos 14 un amigo colgoulle a súa primeira maqueta nun coñecido portal estatal de hip hop, onde acadou unha gran repercusión. Un ano despois fórmase a Crew 8990, da que sairon diversos proxectos. En xaneiro de 2007 viu a luz “Aquí tenéis” e entra a formar parte, xunto a 040 (Solemne & Zentinela), Wöyza i El Puto Coke, do proxecto musical Licor Kafé, unha simbiose que culmina coa publicación do seu primeiro recompilatorio, xa en maio do 2008. Na mesma época colabora co carismático rapeiro Porta en “En boca de tantos”.

Jugando é un proxecto que Aíd compaxina cos seus estudos de Telecomunicacións, ademais de ser locutora de Radio Piratona. “Todo é cuestión de organización”, afirma esta artista que sorprende pola súa madurez e polo claras que ten as cousas.

O pasado venres, día 13, presentou o disco no Iguana Club de Vigo xunto aos bboys Inthecisos crew e outros artistas convidados. Aíd estivo arroupada por un bo número de amigos, pero o que máis a sorprendeu foi a boa acollida dun público do máis heteroxéneo. Agora ten por diante novos directos nos que tratará de repetir formato e que a levarán o 6 de marzo ao Café Concerto Antano de Outes, o 4 de abril á Sala Babel de Lugo e o 16 de maio á Sala Run Rum de Ferrol.


Sociedade