Aínda non hai organización

Os portavoces municipais de Fene reuniránse mañá para ver de chegar a un consenso.
08 de Xullo, 2019 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

Os grupos da oposición de Fene fixeron frente común ao PP e tumbaron as propostas de organización que o grupo de goberno levóu ao pleno esta mañá. Quedaron sobre a mesa, entre outras, o número de comisións e a dedicación parcial.

ESCOITA O PODCAST:

Os grupos da oposición abortaron boa parte do organigrama que o PP levou ao pleno que a corporación de Fene celebrou esta mañá. Tratabase do pleno de Organización para os próximos catro anos, o tempo que durará o novo mandato. O PP levou a súa proposta de funcionamento das comisións e do pleno, as retribucións dos concelleiros e concelleiras e duas dedicacións, unha exclusiva ao alcalde de 41. 405 € brutos/ano e outra parcial (75%) cifrada en 27.726 € brutos anuais.

BNG, PSOE e EU obrigaron a deixar sobre a mesa varias propostas dos populares. Opuxéronse ao número de comisións informativas que o PP quería reducir a tres; tampouco estiveron dacordo que se celebrarasen pola tarde nin coa súa duración de media hora. Defenderon que esa proposta resta transparencia e que non da tempo suficiente a tratar os asuntos con detenimento. Tampouco concordaron nas asignacións aos concelleiros e concelleiras que o PP cifra en 72€ por cada edil e mes. BNG e PSOE venna excesiva e EU fixo unha proposta que reducía os 7.349 euros que supóñen anuais.

Aínda recoñecendo que Fene non é o concello onde máis se cobra, os grupos da oposición rexeitaron a dedicación parcial proposta porque supoñía traballar o 75% cobrando a totalidade da mesma. En fin, que unicamente se acordou manter o dia de celebración dos plenos ordinarios o primeiro xoves de mes. O resto quedou sobre a mesa e volverá a tratarse mañá ás 9 da mañá en Xunta de Voceiros para intentar chegar a un acordo consensuado antes de sometelo a votación de novo en pleno.

Institucional

Publica o teu comentario agora