Abadín celebrou á súa IX edición da baixada de Carrilanas puntuable para o Campionato Galego

Abadín celebrou á súa IX edición da baixada de Carrilanas puntuable para o Campionato Galego

26 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Abadín acolleu a IX edición da súa xa tradicional Baixada de Carrilanas, organizada ao alimón polo Concello e a Asociación de Baixada de Carrilanas A Corda. Foron mais dunha trintena deste tipo de “vehículos” os que decidiron amosar os seus deseños e ariscar a integridade física dos seus pilotos e copilotos para facerse con esta competición que está incluída dentro do Campionato Galego e do Open Internacio

A xornada deu comezo contra as 12.30 horas, na que se levaron a cabo os adestramentos oficiais que dirimiron a orde de saída. A primeira hora da tarde comezou a competición na súa primeira manga, mentres que a segunda tivo lugar dúas horas mais tarde, sobre as 17.30 horas.

Os participantes acudiron desde distintos puntos de Galicia e da comunidade veciña de Asturias. As diferenzas foron mínimas, o que amosou o gran nivel da competición abadinense. Unha vez rematou a carreira procedeuse á entrega de premios. A organización premiou aos tres equipos mais rápidos de cada categoría recoñecida pola Federación de Deportes de Inercia (FDI), así como para os competidores locais e os que construíron unha carrilana mais orixinal.

Categorías
As diferentes categorías incluídas dentro da FDI son Madera, R1, R2, Cx, G1, G2, GB e Lixeiras. Para poder optar ao campionato galego se deberá participar, a lo menos en 5 as 13 probas puntuables.

Deportes