Abadín programa un contacontos como parte das súas actividades para nenos

Abadín programa un contacontos como parte das súas actividades para nenos

26 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Abadín continuou coas súas actividades para a promoción da cultura destinadas aos mais pequenos da casa. A programación dunha actuación dun Contacontos cumpriu cos obxectivos de entreter e fomentar a imaxinación dos nenos. Esta acción estivo enmarcada dentro das actividades extraescolares que se realizan fóra do horario lectivo e que se están a levar a cabo no municipio coa finalidade de fomentar a creatividade e a imaxinac

O evento, que tivo lugar no CEIP Aquilino Iglesia Alvariño da propia vila chairega, fixo a delicia dos rapaces que asistiron á actuación, xa que puideron participar dun xeito interactivo no desenvolvemento das mesmas.

Cultura