Abarrote no Pote e o Numancia gaña a Copa xuvenil

Abarrote no Pote e o Numancia gaña a Copa xuvenil

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Numancia de Ares alzouse coa Copa de Ferrolterra, categoria xuvenil, tras vencer por un tanteo de 2 a 1 ao Galicia de Caranza na final xogada o pasado sábado no campo do Pote de Maniños. Máis de 300 afeizoados de Ares asistiron ao encontro para apoiar ao seu equipo, ataviados con camisetas vermellas confeccionadas para a ocasión.

O partido foi equilibrado e o adestrador do Numancia debuxou unha precisa estratexia baseada nunha defensa ordenada e contundente. A presión aresán impediu aos de Caranza practicar un futbol combinativo e se viu obrigado a xogar en longo. O Galicia tamén careceu de acerto nos últimos metros.  En Ares celebrouse a Copa cunha gran festa.

 

Sociedade