ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Reunión de coordinación da Mancomunidade de concellos de Ferrolterra e Aguas de Galicia para garantir o abastecemento de auga á comarca. As Forcadas atópase ao 40,08 % da súa capacidade e a Mancomunidade destaca que as medidas preventivas permitiron reducir o consumo en 14.000 metros cúbico.

Os alcaldes da Mancomunidade reuníronse co director de Augas de Galicia, Roi Fernández, para analizar a situación actual do abastecemento de auga da comarca. O encontro, de carácter técnico e tamén institucional, permitiu abordar tres asuntos fundamentais para garantir o presente e o futuro do abastecemento da auga na comarca: a evolución do encoro de As Forcadas, as melloras no abastecemento comarcal para o futuro e o estado da tubaxe que atravesa a ponte de As Pías e que resulta fundamental para o subministro de agua aos municipios de Fene, Ares e Mugardos. Dende hai anos, esta tubaxe ten unha fuga na válvula de baleirado e presenta signos de corrosión en determinados tramos.
Os concellos afectados propoñen un modelo de financiamento compartido no que participen Augas de Galicia e a Deputación da Coruña. Durante o encontro, Augas de Galicia trasladou a súa disposición a participar no financiamento da actuación.
Publica o teu comentario agora