ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O sarxento da garda civil Ramón Varela Lorenzo caeu abatido por “fuego amigo”. Faleceu o 30 de xaneiro de 1944 nas proximidades da igrexa parroquial de Irís en Cabanas. Dirixia un grupo de gardas civis que ian en busca do presunto colaborador da guerrilla “José o Xolo”. Deixou a un garda na boqueira de cada camiño dando a orde de disparar a calquera persoa que aparecera sen dar o alto previamente nen pedir o santo e seña. O sarxento volveu sobre os seus pasos e un dos membros da benemérita disparoulle acabando coa súa vida. Os familiares de Ramón Varela quedaron na pobreza e desatención e a súa viuva ía pedindo axuda económica polas vivendas da zona. O garda civil que o matou non recibiu castigo. Non tivo culpa ningunha, segundo salienta o veciño da zona Xosé Carbón Anca.
Guerra anti-partisana
A Garda Civil rexistrou 624 baixas entre 1943 e 1952 no marco da guerra antipartisana en España. Entre 1941 e 1944, 1.500 axentes foron expulsados do corpo acusados de masóns e comunistas. Son datos que ofrece Arnau Fernández Pasalodos, no seu libro “Hasta su total exterminio. La guerra anti-partisana en España 1936-1952”, despois de bucear nos arquivos da benemérita.
Pasalodos relata os sucesos acaecidos en Mesas de Ibor (Cáceres) en 1945, cando o tenente coronel Manuel Gómez Cantos fusilou a tres gardas civis sen pasalos por un tribunal militar, abrirlles expediente, nin consultalo co Estado Maior do corpo. Acusounos de “cobardía ante o nemigo” e decidiu que debían ser fusilados, cousa que fixo diante do vecindario. Un grupo de uns corenta guerrilleiros asaltaran o cuartel da localidade e leváranse uniformes e tricornios.
O volume relata a auténtica realidade do garda civil na loita antiguerrilleira. Numerosos membros deste corpo non estaban alí por motivos ideolóxicos senón por necesidade. Cobraban soldos moi baixos a cambio dunha vida de miseria. Pasaron medo e a miudo evitaban acatar as ordes que recibian. O historiador adentrase na guerra antipartisana e nas dinámicas que determinaron o funcionamento da Benemérita durante o primeiro franquismo.
Na imaxe unha placa co nome de Ramón Varela Lorenzo en Irís (Cabanas)
Publica o teu comentario agora