ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes ten aberto o prazo para a solicitude das axudas por desprazamento a estudantes do curso 2010- 2011. Poderán solicitalas os/as estudantes sempre e cando non teñan dereito a transporte escolar gratuíto, ademais de cumprir outra serie de requisitos marcados nas bases da convocatoria. En canto ao importe máximo das axudas, os estudantes cuxo lugar de residencia diste de 4 a 15 kilómetros do centro de ensino poderán recibir 150 euros, mentres que os q
Os impresos para a solicitude destas axudas poden recollerse no departamento de Educación, que dirixe a edila Silvia Marín, na pranta baixa do Concello de Ordes, lugar onde tamén se deberán entregar, unha vez cubertos, xunto á documentación necesaria para formalizar a solicitude. O prazo de entrega de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 31 de marzo.
Todo aquel que queira recibir máis información ao respecto pode consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de data 1 de marzo de 2011, así como no propio departamento de Educación do Concello.
Con esta iniciativa o goberno local do Concello de Ordes, que preside o alcalde Manuel Regos, pretende paliar o gasto de transporte dos estudantes do municipio co fin de contribuir desta maneira a unha maior accesibilidade á ensinanza para todos os seus veciños e veciñas.
BENEFICIARIOS/-AS DESTAS AXUDAS
Poderán optar a estas axudas os/as estudantes, sempre e cando non teñan dereito a transporte escolar gratuíto, e que cumpran os seguintes requisitos:
-Estar empadroados/as, tanto o/a solicitante como a súa unidade de convivencia, no Concello de Ordes, cunha antigüidademínima de dous anos. A situación de alta no padrón deberá, así mesmo, manterse durante o curso escolar, sendo motivo de revogación da axuda o incumprimento da presente condición.
-Residir a 4 quilómetros ou máis do centro de estudos.
-Non estar en posesión de titulación maior ou equivalente aos estudios que desenvolve.
-Cursar estudios nos centros e cursos para os que se solicita a axuda.
-Que a suma das bases impoñibles do IRPF (casiñas 455+465), dos membros que integran a unidade de convivencia, dividido entre o número de membros da mesma non exceda dos 9.333,33 € . No caso de que non teñan obriga de declarar sumaranse os ingresos por todos os conceptos dos membros que integran a unidade de convivencia.
-Que a suma dos valores catastrais das fincas urbanas que pertenzan aos membros da unidade de convivencia, excluída a vivenda habitual, non exceda os 35.000,00 € e que a suma dos valores catastrais de fincas rústicas non exceda os 13.000,00 €.
-Aos efectos do sinalado nos apartados anteriores entenderase por unidade de convivencia a totalidade dos membros que figuren inscritos no mesmo domicilio no padrón municipal. En calquera caso, de seren menor ou incapacitado/a o solicitante, deberá figurar empadroado/a no mesmo domicilio que algún dos seus pais/nais/titores legais.Non poderán optar a estas subvencións as persoas e entidades ás que se refiren os artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
DOCUMENTACIÓN:
As solicitudes formalizaranse en modelo normalizado de solicitude asinado polo solicitante (interesado/a/pai/nai, titor/a) no que deberá especificarse o nome e apelidos do/a estudante, os estudos a realizar e o centro de ensino no que se cursen.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 31 de marzo de 2.011.Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
-Fotocopia cotexada do DNI/Pasaporte do/a solicitante (alumno - pai/nai/representante legal).
-Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar, o cal incorporarase de oficio pola administración.
-Certificado da entidade bancaria na que efectuarase o ingreso da subvención.
-Xustificación documental de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia, o cal acreditarase ben coa presentación das declaracións de IRPF correspondentes ao exercicio 2009, ben mediante certificado de Facenda no que se faga constar os ingresos de 2009. Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a patria potestade, de ser o caso, debendo achegarse os documentos xustificativos de tal situación.
-Copia cotexada da matrícula e certificación académica expedida, selada e asinada polo centro onde curse estudos.
-De ser o caso, copia cotexada do título de familia numerosa.
-De ser o caso, copia cotexada da resolución administrativa recoñecedora de discapacidade. -Declaración responsable do conxunto das axudas que teña solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade, achegando copia cotexada da solicitude, de ser o caso.
-Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como autorización para a consulta dos mesmos segundo impreso normalizado.
-Declaración responsable de non atoparse incurso/a en ningunha das prohibicións do artigo 13 da Lei xeral de subvencións e os artigos 18 e 19 do Real decreto 887/2006.
-Declaración responsable do número de viaxes mensuais que ten que realizar para asistir ao centro de estudos, xunto co calendario escolar.