Abertos ao Galego premia ás tendas San Luís por voltar en lingua galega

Abertos ao Galego premia ás tendas San Luís por voltar en lingua galega

20 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización do galego no ámbito empresarial, entrega esta sexta feira (venres) o seu II Premio á cadea de electrodomésticos San Luís. O fundador de San Luís retoma a empresa despois de que Darty, a multinacional que a mercara, decidise pechar as tendas. Xa no seu día San Luís fora un referente e unha empresa pioneira na publicidade en galego, e o lema do seu regreso é "Estamos de volta". O

Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten como obxectivo a dinamización do galego no mundo da empresa. Partindo dun certificado de calidade asociado ao uso da lingua de Galiza, desde Abertos ao Galego quérese promocionar a actividade das empresas que traballan (total ou parcialmente) en galego, ademais de fornecer argumentos á sociedade sobre a relevancia do uso do noso idioma por parte dos diversos tipos de empresas. Algunhas das iniciativas que ten desenvolvido Abertos ao Galego até o momento, ademais da creación do Premio, son o catálogo de Nadal (que este ano se está a preparar por terceira vez) ou presentacións comarcais, así como a creación dun boletín informativo sobre as empresas integrantes de Abertos ao Galego, que se envía periodicamente aos socios e socias e simpatizantes da Mesa pola Normalización Lingüística. Así, quérese estender a idea dun "consumo responsábel co noso idioma".

Na primeira edición do Premio Abertos ao Galego, en 2012, o xurado decidiu outorgarllo á empresa Tuenti Technologies, promotora da rede social máis popular entre a mocidade. No acto de entrega do premio, realizado en Pontevedra, estiveron presentes o responsábel da tradución ao galego e soporte na nosa lingua da rede social, Javier Moreno, e o director de Comunicación de Tuenti, Cristóbal Fernández. O xurado nesta ocasión destacou especialmente que Tuenti teña no seu cadro de persoal un grupo de xente contratada especificamente para labores relacionados co mantemento, actualización e soporte da súa versión en galego.

Sociedade