Abre Mar e Terra

Abre Mar e Terra
07 de Outubro, 2022 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

Fene incorpora este venres un novo negocio á súa oferta hostaleira. Esta tarde inaugurase Mar e Terra, un establecemento que abre as súas portas no local que antes ocupou a Cervexaría Tarnas, na avenida Naturais de Fene, 33. Falamos en Radio Fene con Dulce Bollo, a xerente do local, que ten 20 anos de experiencia no sector da hostalería.

ESCOITA O PODCAST:

Cos nervios propios da estrea, están a ultimar os detalles para a apertura do novo establecemento hostaleiro, prevista para as sete desta tarde. Agardan gran afluencia de público. Na inauguración haberá pinchos para dar a coñecer á clientela a súa oferta gastronómica, na que incorporan gran variedade de pratos. Servirán viños, cervexas, pinchos e racións. Mar e Terra dá emprego a cinco persoas e o seu horario será ininterrompido, de nove da mañá ata as dez e media ou once da noite. A súa propietaria tiña ganas de abrir un negocio, confía na súa experiencia no sector e na boa resposta da veciñanza, aínda que recoñece sentir algo de medo polo risco que sempre supón emprender. “Con máis gañas que medo”, vive o equipo os momentos previos á apertura.

Sociedade

Comentarios

Dulce, dos cosas te dejo mi número y pásame por whatapp la dirección, 648704572
Nome: 
Gustavo

Publica o teu comentario agora