ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Abril Fado Atlántico, un dos grupos máis singulares e personais do panorama musical made in Ferrolterra, de ser proxecto, pasou xa a ser unha proposta madura e exitosa. O sabado 20 de febreiro actuan na Sala Run Rum de Ferrol ás 23h.
Despois podemos velos en Ferrol ata en tres escenarios máis. O dia 26 no auditorio do Vicerreitorado; o dia 6 de marzo no Ateneo ferrolán e o dia 13, no restaurante “A Cociña portuguesa”. Os musicos, Daniel Adzemian , Noelia Santos, José Calabuig e Daniel Pérez, acompañáronnos nos estudios de Radiofusión, para valorar a traxectoria do grupo no terceiro aniversario que cumprirán no mes de Abril.
En directo, nos estudios de radiofusión, sacaron onte á tarde as guitarras, o contrabaixo e a voz, que semella portuguesa- sendo de Perlio- de Noelia Santos. Podedes escoitar o “Tal vez” tema con letra de Aurora Varela e musica de Daniel Adzemián. E sempre podedes mercar o seu CD "Pazo da Mercé" gravado no 2009 neste emblemático inmoble de Neda.