Abrindo portas

Abrindo portas
26 de Xaneiro, 2021 - 01:46 h. | Publicada por Radio Fene

As portas Meta de Maniños pecharon boa parte dos pisos da zona nova de Santiago de Compostela. O propietario do serradoiro e fábrica de portas Juan Fernández Vizoso tiña contactos cun construtor de Santiago de Compostela que durante varios anos adquiriu boa parte da produción da fábrica. Empregaba a unhas 40 persoas e funcionou xa antes como serradoiro nun local situado fronte á antiga farmacia. Juan Fernández Vila montara a primeira planta que ampliará o seu fillo Juan Fernández Vizoso “Juanín”.

ESCOITA O PODCAST:

Conversamos con Juan Vila da carpintería metálica Vila, co arquitecto Carlos Ardá e coa porteira Lucía Paz hoxe nunha Fenestra especial sobre as portas

http://173.255.131.18/audio/260121PORTA.mp3

Antiga nave de Marracoi en Maniños. Fene

A crise chegoulle coa entrada na Unión Europea (1986) ao non resistir a competencia de prezos de produtos fabricados noutros países. O modelo fabricado por Fernández Vizoso consistía nunha porta plana, sen ningún tipo de moldura. Contra chapado por diante e por detrás e no medio un escleto ou recheo que podía completarse con cartón ou con madeira. Son portas económicas e sinxelas sen decoracións, económicas e idóneas para o momento do desenvolvemento. Na fábrica traballaban arredor de 40 persoas. As instalacións concentraranse na zona situada fronte á farmacia con sucesivas ampliacións que chegaron a ocupar unha parcela ade 7.000 metros cadrados.
Juan Fernández Vila morreu en Maniños en 1967. Nos anos vinte montara un serradoiro de madeira, a nave de Marracoi. Fernández Vila era un emprendedor ou aventureiro empresarial. Ademais da fábrica de Maniños, tiña lanchas da langosta, lanchas da area e tamén entrara como socio nun cine en Ares.
Juan Fernández Vila “Marracoi” naceu no Bon Xesús en Barallobre entre 1890 e 1892. Moi novo emigrou a Arxentina onde se empregou na empresa "La Hamburguesa". A pesar de non saber nadar, exerceu de contramestre nun buque de cabotaxe. El xa tiña irmáns na Arxentina.
Na Primeira Guerra Mundial prendérono os ingleses e estivo preso nas Illas Malvinas.
Volveu a Maniños, buscou moza e casou con Francisca Vizoso Saavedra. Entrou a rexentar en sociedade a carpintería de Marracoi, a sociedade irá medrando e chega a ter  un local na avenida de Vigo de Ferrol onde se adicaban ao vernizado e un espazo en Astano para fabricar os mobles dos buques.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora