ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Desde esta mañá os vehículos a motor poden circular pola avenida das Pías, principal via de comunicación entre Ferrol e Fene. A arteria queda transformada nun boulevard, recuperando a idea inicial do arquitecto Gerardo Calviño cando elaborou o Plan de Urbanismo de 1962. Recollendo as ideas de Le Corbusier, Calviño xa planificara unhas estradas con zonas verdes e de paseo que agora se converten en realidade.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou esta mañá que “a humanización da avenida de As Pías simboliza o compromiso do Goberno coa transformación urbana e social de Ferrol”. Fíxoo durante a inauguración do último tramo das obras, unha actuación executada polo Ministerio de Transportes cun investimento de 11,5 millóns de euros do Plan de Recuperación.
“O Goberno de España conta con Ferrol” destacou o delegado quen salientou que esta obra “conecta barrios, persoas e oportunidades”. Durante o acto, recoñeceu os desafíos técnicos que se tiveron que superar e recalcou que “cando hai vontade, coordinación e compromiso, os resultados chegan. Hoxe xa é unha realidade: ao servizo da xente”. Estivo acompañado polo alcalde, José Manuel Rey; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín García; a subdelegada na provincia, María Rivas, e a delegada da Xunta, Martina Aneiros.
“É o inicio do Ferrol que queremos construír da man dos ferroláns”, explicou o delegado, tras lembrar que o Goberno destinou máis de 5.000M€ “converténdoa na cidade con maior investimento de Galicia”. Neste senso, fixo fincapé en que “o Goberno de Pedro Sánchez chega a cada recuncho de Galicia”, nas cidades e os barrios, nas pequenas cousas e nos grandes proxectos como As Pías. Así mesmo, apuxo en valor o traballo do Concello de Ferrol, da Subdelegación do Goberno na provincia e o persoal da Demarcación de Estradas, así como a paciencia e comprensión dos veciños e veciñas durante o desenvolvemento dos traballos.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible completou hoxe, coa posta en servizo do último tramo previsto, as obras de mellora da mobilidade na Avenida das Pías (FE-14) principal via de comunicación entre Ferrol e Fene. Transformaron a configuración desta estrada para adaptala ao tránsito de peóns e bicis, calmar o tráfico rodado e limitar o impacto da vía nas zonas residenciais lindeiras. En total, investíronse 11,5 millóns de euros (IVE incluído).
Publica o teu comentario agora