Absentismo na Universidade

Absentismo na Universidade
11 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Andazo de absentismo nas Universidades. Nalgunhas materias chega a acadar ata o 40%, segundo datos dun estudo da Universitat Autónoma de Barcelona. O fenómeno medra desde a pandemia. Falamos do tema co psicólogo José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

“Tradicionalmente a Universidade era o lugar no que estaba o coñecemento, hoxe non é así, democratizouse o acceso ao coñecemento”. A falta de motivación académica no alumnado é un dos factores con máis peso que explican esa deserción de estudantes que non van ás aulas. Malia os riscos da desinformación, as novas tecnoloxías facilitan o acceso a información, explica Barcia Tuccelli. Para facer fronte a esta situación, as universidades deben aumentar a motivación do estudantado, xerar no Campus unha vida universitaria que so se poida adquirir de xeito presencial. Tamén é preciso máis flexibilidade para o alumnado que ten problemas de horario ou transporte e unha reforma educativa que valore a presencialidade. Como primeiro reto para a Universidade, Barcia apunta ao financiamento e tamén a atracción de talento docente.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora