Abstención crítica e en positivo

O PP recrimina ao goberno non ter aprobado uns novos presupostos
30 de Outubro, 2020 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo municipal do PP de Fene apoiou coa abstención que prosperasen cantas modificacións de crédito levou a pleno esta semana o grupo de goberno. A maior crítica de Gumersindo Galego vai para o funcionamento dos servizos municipais.

ESCOITA O PODCAST:

O grupo municipal do PP de Fene abstívose nas modificacións de crédito aprobadas polo pleno fenés esta semana. Unha abstención en positivo para que prosperasen coa maioría dos votos que teñen os grupos que conforman o goberno local, aclara Gumersindo Galego. Entre esas modificacións está unha partida de 170.000€, compartida coa Deputación da Coruña,  para axudas a autónomos e microempresas e ás que pden optar traballadores por conta propia ou as firmas que teñan menos de nove persoas empregadas. As axudas oscilarán entre os 1.500 e os 3.000 euros por solicitante. xnto a estas aprobaronse tamén partidas para a ampliación do comedor de Centieiras, o aumento da hixiene nos colexios ou a maior aportación municipal ao transporte metropolitano. Aínda estando dacordo coa maioría das modificacións, os populares critican que non estean aprobados uns presupostos que eviten tantas modificacións de crédito. "Levan desde febreiro no goberno e aínda están cos presupostos do PP"  explica Galego.

A iluminación do Nadal, implemantada con 20.000€ semella para Galego especialmente necesaria este ano no que o comercio precisa máis que nunca un empuxón e a xente ánimos para sobrepoñerse á situación que estamos atravesando. Para Galego, o toque de queda decretado polo goberno non lle parece mal como ningunha das medidas que podan adoptarse daquí en adiante xa que é por salvagadar a nosa seguridade que debe empezar por un mesmo. Galego criticou esta mañá no espazo As Foxas, se cabe con máis énfase, o que chama “abandono dos servizos municipais elementais", tais como a recollida de voluminosos, a limpeza de cunetas ou a poda de árbores en avenidas como Marqués de Figueroa. A morte das troitas no río Cádavo, á altura do muíño débense, en palabras de Galego, a unha malísima praxe, daí que o asunto estea en mans do Seporna.

Institucional

Publica o teu comentario agora