ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes, dende o programa de Voluntariado Verde finalizou a pasada fin de semana a última das camiñatas previstas para este outono polos distintos roteiros da vila, incluídas dentro desta programación. Os veciños que participaron tiveron a aportunidade, nesta ocasión, de percorrer o Roteiro do Río Mercurín. A ruta coa que se iniciara este programa o pasado sábado 6 de novembro transcurriu por outro dos roteiros existentes no mu
O bloque de Actividades de Sendeirismo e Roteiros do programa de voluntariado busca por unha parte acadar o obxectivo de que a xente coñeza de forma amena e dinámica as distintas áreas naturais ás que temos acceso e lles son próximas, e por outra introducilos nunhas actividades saudables accesibles para todos.
Segundo palabras do Concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, "Ordes conta cun número crecente de roteiros e sendas adaptadas e habilitadas para a práctica de sendeirismo na natureza para tódalas franxas de idade. Contando con estes recursos, resulta de grande interese fomentar uns hábitos de vida máis dinámicos coidando ó mesmo tempo destas rutas por medio do emprego constante".