Acaba o prazo

Acaba o prazo
18 de Decembro, 2025 - 09:35 h. | Publicada por Radio Fene

Queda tempo aínda para inscribirse no Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Fene. O prazo para anotarse no certame remata hoxe. Poden participar no certame tanto particulares como negocios. As inscricións fanse enviando a solicitude acompañada dunha imaxe da decoración instalada ao correo electrónico desenvolvemento.local@fene.gal

O Segundo Concurso de Nadal, convocado pola Concellería de Promoción Económica, ten varias modalidades. No caso das vivendas a novidade este ano é a posibilidade de participar con decoracións instaladas en portais. Outras modalidades son as de vivenda unifamiliar e de fachadas, balcóns e xanelas. Os premios para os gañadores serán no caso da vivenda unifamiliar unha cesta de produtos gourmet, por cortesía de Bodegas Barral. Para fachadas, balcóns e xanelas, unha cesta de produtos, por cortesía de Eroski Center. E no caso dos portais, cesta de produtos, por cortesía da Cooperativa Santa María do Val. 

Escaparatismo

Nesta edición poden competir tamén comerciantes e hostaleiros no concurso de escaparatismo. Os escaparates deberán permanecer decorados entre o 18 de decembro e o 6 de xaneiro. Establécese un único premio consistente en diploma e promoción nos medios municipais (redes sociais e radio municipal). 

Institucional

Publica o teu comentario agora