Acabaronse as Peras

Acabaronse as Peras
11 de Setembro, 2022 - 08:18 h. | Publicada por Radio Fene

Quizais esta edición de 2022 da festa das Peras de Pontedeume fose a máis concurrida da historia. Como é tradicional, cidadáns nacidos na vila e residentes en Francia ou en Barcelona retornan nestas datas á localidade para gozar con familiares e coñecidos. Pero este ano as rúas rexistraron unha animación e unha concurrencia inusitada. Os dous anos da pandemia empuxaron a "vilanchos" e a veciñanza de toda a contorna a enchouparse do ambiente dos festexos. Este domingo a Xira ao río pon o ramo ao programa de actividades. 

Fotografía: Xan Xe Corral

O Rei Afonso X o Sabio concedeu o 30 de decembro de 1270 a autorización para poboar "o lugar que din de Pontedeume e fagan nel vila, na que teñan as maiores casas poboadas e garden o seu pan e o seu viño, e asimesmo lles otorgou que fagan mercado cada mes".  A igrexa das Virtudes (antigamento do Souto) mandouna construir Nuño Peres Freire de Andrade en 1378. A cidadanía de Pontedeume formulou o 15 de maio de 1622 o voto a San Nicolás de Tolentino, facendoo segundo patrono da vila (o primeiro é o Sr.Santiago) e declarando a súa vontade de facerlle festa todos os anos, gardar o dia do santo e facer xexún con abstinencia de carne a víspora. Quizais desa data proceda o actual formato da "festa das Peras" adicada á Virxe das Virtudes e a San Nicolás de Tolentino. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral. Mómaros e cabezóns na festa das Peras 2022.

Sociedade

Publica o teu comentario agora