Acabou de tropezar

Acabou de tropezar
18 de Febreiro, 2025 - 09:22 h. | Publicada por Radio Fene

Terceira Futgal. Libunca 2 - 4 Maniños B. Acabou de tropezar o conxunto ferrolán. Iker, Marco, Aitor e Adrián marcaron os goles do equipo do Pote. O tanto de Adrián foi xa nos últimos momentos do partido. “Adrián é xuvenil, chégalle un pase desde o medio do campo, recibe o balón e o pica moi ben por riba do porteiro” indica o adestrador do conxunto branco Álvaro Dopico “Chiqui”. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoitamos ao adestrador do Maniños B Alvaro Dopico “Chiqui”.
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/180225DOPICO.mp3

Fotografia Xan Xe

O Maniños B suma 16 puntos con dous partidos gañados nos últimos cinco disputados. A próxima xornada visita ao Cristo Rey, no campo dos Regos en Oleiros. Encabezan a clasificación empatados o Almeiras e o Atlético San Pedro. 

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora