ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña ten elaborado rutas e documentación adaptada que permitirá que persoas con algún tipo de discapacidade física, sensorial, intelectual ou psíquica, entre outras, podan coñecer, en igualdade de condicións todas as instalacións e a oferta educativa que o Campus ofrece.
Botando man dos principios do Deseño Universal (DU), na ruta están a traballar unha pequena parte da comunidade universitaria, representada por profesorado, persoal investigador e alumnado do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e desenvolvemento do Produto.
Ana Ares, Profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), e Vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña e Lucía Toval, alumna do Grao de Deseño Industrial do Campus Industrial Ferrol, preséntannos este proxecto que inclúe a elaboración de folletos explicativos previos e posteriores á visita, o deseño e instalación de paneis informativos en cada un dos espazos ou lugares incluídos nesta ruta universal polo Campus Industrial de Ferrol e ademais a creación de xogos interactivos para visitantes.
Para a elaboración de todo este material divulgativo, o profesorado, persoal investigador e alumnado implicado está a contar co asesoramento dos e das profesionais así como das persoas usuarias da Asociación de Síndrome de Down (TEIMA DOWN Ferrol), da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Autismo de Galicia (ASPANAES), de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e máis da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF Ferrolterra). Unha colaboración imprescindible para que o resultado resposte ás necesidades específicas das persoas que visitan o campus.
Publica o teu comentario agora