Accidente causa retencións na entrada de Ferrol

Accidente causa retencións na entrada de Ferrol

24 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un accidente de tráfico produciuse a primeiras horas desta mañá na autopista ao seu paso por Fene. Segundo informa Audasa, tres vehículos víronse implicados nunha colisión por alcance ocorrida esta mañá, as sete e vinte, no quilómetro 28-F da AP-9 en dirección a Ferrol. O sinistro tivo lugar nun dos viadutos de Fene, antes do túnel do Sartego.

Un accidente de tráfico produciuse a primeiras horas desta mañá na autopista ao seu paso por Fene. Segundo informa Audasa, tres vehículos víronse implicados nunha colisión por alcance ocorrida esta mañá, as sete e vinte, no quilómetro 28-F da AP-9 en dirección a Ferrol. O sinistro tivo lugar nun dos viadutos de Fene, antes do túnel do Sartego. Segundo fontes sanitarias, catro persoas foron trasladadas ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, aínda que, as primeiras informacións apuntan a que ningunha delas sufriu lesións de alcance. Os feridos son catro homes: R.G.P, de 51 anos; M.D.S, de 51 anos; O.V.M, tamén de 51 anos de idade e A.V.H, de 62. O accidente causou retencións durante 2 quilómetros e por espazo duns 20 minutos. Arredor das oito da mañá restableceuse a normalidade nos accesos a Ferrol.

Sociedade