ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un camión cargado con 25.000 litros de combustible envorcou na autoestrada A Coruña Madrid ao seu paso pola localidade lucense de Begonte, caendo sobre a superficie dunha área de servizo, polo que non existe risco de contaminación pola carga.
Segundo informaron fontes da Central de Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 8.15 horas no quilómetro 528 da autovía en dirección a Madrid, cando un camión que circulaba pola vía envorcou e caeu no terreo dunha área de servizo. Aínda que o condutor saíu polo seu propio pé e se atopa leve, o accidente provocou unha perda na carga do camión, que se compuña de 16.000 litros de gasóleo e 9.000 litros de gasolina. Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos do 061, Garda Civil, Bombeiros de Lugo e Grumir de Begonte, e foron alertadas tanto a Consellería de Medio Ambiente como a Confederación Hidrográfica pola proximidade dun río, aínda que o combustible está "contido no chan" e, en principio, "non hai ningún risco de contaminación".