ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un traballador da construcción faleceu este mediodia en Narón (A Coruña) ao caer polo oco do ascensor cando se atopaba traballando nun edificio da urbanización As Torres. Caeu desde unha altura de máis de 8 metros, polo que os servizos do 061 non puideron facer nada por salvar a súa vida cando chegaron ao lugar.
O accidente tivo lugar arredor das 12,50 deste mediodia, nun dos inmobles que a constructora Epaat levanta ao pé da AP-9 nas cercanias de Ferrol. O operario faleceu no acto.
Ata o lugar desprazouse unha dotación da policía xudicial xunto a unha forense do Xulgado de Ferrol para proceder ao levantamiento do cadáver, un labor que contou co apoio dos Bombeiros de Ferrol.
Segundo as primeiras informacións, a vítima é un instalador de parqués de nacionalidade rumana.