Accidente mortal esta madrugada en Touro

Accidente mortal esta madrugada en Touro

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O condutor dun turismo faleceu hoxe nun accidente de tráfico rexistrado no termo municipal de Touro (A Coruña) ao saírse da vía o vehículo no que circulaba e envorcar sobre a calzada. Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Tráfico da Coruña, o sinistro ocorreu sobre as 4.30 horas no quilómetro 1,700 dunha estrada local que une Touro e Fao.

O accidente consistiu na saída de vía dun turismo Alfa Romeo con matrícula 1982-FXB pola marxe esquerda que, posteriormente, envorcou sobre a calzada, resultando falecido o condutor. Membros de Protección Civil de Touro e da Garda Civil de Santiago acudiron ao lugar situado na estrada que vai a Vila de Cruces.

Sociedade