Accidente nas Pías

Accidente nas Pías
08 de Febreiro, 2023 - 09:10 h. | Publicada por Radio Fene

Accidente cunha muller ferida a primeiras horas desta mañá en Fene. Aconteceu ás  8,11 desta mañá na avenida das Pías.

O  turismo que conducía envorcou cando circulaba pola estrada en dirección Ferrol.  A única ocupante do vehículo quedou atrapada, segundo informa Protección civil. Circulaba soa e puido quedar durmida ao volante. Unha ambulancia do 061 trasladouna a un centro hospitalario de Ferrol. Ao lugar se desprazáronse unha dotación da Garda civil e a Policia local de Fene, así como o servizo de conservación de estradas. Temporalmente, cortouse o carril dereito da via. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora