Accidente no tren de Ferrol a Ribadeo

Accidente no tren de Ferrol a Ribadeo
02 de Xaneiro, 2024 - 07:14 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas árbores caeron esta mañá enriba do tren de ancho métrico que une as localidades de Ferrol e Ribadeo. O sinistro produciuse ás 10,15 da mañá entre O Barqueiro e O Vicedo. Á saída dun tunel o ferrocarril parou bruscamente e entón os pasaxeiros notaron un gran ruido provocado pola caída duns troncos. 

Fotografía Arquivo

Os oito pasaxeiros e o maquinista quedaron atrapados e durante dúas horas non puideron sair do tren ao producirse o sinistro nun lugar de dificil acceso. A plataforma en defensa do ferrocarril ten denunciado en numerosas ocasións a falta de investimento e de mantenemennto na liña que comunica Ferrol con Oviedo. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora