Accidentes mortais en Ferrol, Valdoviño e Lalín

Accidentes mortais en Ferrol, Valdoviño e Lalín

02 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maio comezou de xeito tráxico nas estradas galegas. En Valdoviño un xove de 28 anos morreu ao envorcar o vehiculo no que circulaba. Outra morte produciuse en Lalín, cun condutor acusado de superar a taxa de alcoholemia.A terceira morte en estrada do primeiro de maio producíuse en Ferrol arredor das nove da noite.

Un home 65 anos, con siglas J.D.F., faleceu hoxe en Lalín (Pontevedra) ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba, que posteriormente chocou contra un arribón e envorcou sobre o lateral dereito. O condutor do vehículo sufriu feridas leves e foi detido por superar a taxa de alcoholemia.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, o sinistro produciuse ao redor das 8.00 horas no quilómetro 2 da PO-902 (Lalín-O Carballiño).

No sinistro viuse implicado un Peugeot 206, no que viaxaba o home que perdeu a vida, veciño da parroquia da Xesta, en Lalín.

En Valdoviño

A persoa que faleceu hoxe tras saírse da vía e envorcar o vehículo no que circulaba na localidade coruñesa de Valdoviño era un home de 28 anos con iniciais A.R.A., segundo informou a Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña.

Tráfico da Coruña indicou tamén que o condutor, de 36 anos e que responde as iniciais E.D.A.C, está ferido leve; mentres unha terceira persoa resultou ilesa, segundo confirmaron fontes de Protección Civil de Valdoviño.

O accidente produciuse ás 15.46 horas de hoxe na estrada AC-556 que vai desde Valdoviño cara a Cedeira, tras saírse da vía e envorcar un Nissan Almera, precisou Tráfico nun comunicado.

 

Tamén en Valón

O segundo accidente rexistrouse minutos antes das nove da noite na estrada de Valón, cando un turismo Peugeot 205 que circulaba en dirección ao centro de Ferrol se saíu da estrada, precipitándose por un desnivel. Os dous mozos que viaxaban no coche saíron despedidos e un deles quedou tendido na estrada, mentres que o outro, que resultou ferido, apareceu nun monte próximo.

O falecido era Carlos del Río González, de 24 anos e veciño de Covas. O ferido é Angel Enrique S. del Río, de 33 anos e domiciliado en Serantes. Foi trasladado nunha ambulancia ao hospital Arquitecto Marcide con feridas de gravidade.

Sociedade