ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O mundo enfróntase a unha tripla crise o cambio climático, á contaminación e á perda da biodiversidade. Mais de 100 millóns de hectáreas de terras sas e produtivas degradáronse anualmente nos últimos anos, e isto que podería parecer alleo afectou á vida de 1300 millóns de persoas.
Os ecosistemas terrestres son vitais para o sostemento da vida humana, contribúen a máis da metade do PIB mundial e inclúen diversos valores culturais, espirituais e económicos.
A expansión agrícola é o motor directo de case o 90 % da deforestación mundial. Esta cifra garda relación directa cos nosos sistemas alimentarios, porque é o noso consumo o que determina os usos agrícolas das terras e a súa adicación a producións extensivas.
Os bosques cobren case o 31 % da superficie do noso planeta e deberiamos coidalos porque albergan máis do 80 % de todas as especies terrestres de animais, plantas e insectos. Pero lonxe diso, a deterioración da biodiversidade está a producirse a un ritmo máis rápido agora que en calquera outro momento da historia da humanidade.
Ademais, a perda dos bosques implica a desaparición dos medios de subsistencia das comunidades rurais, o aumento das emisións de carbono, a deterioración da biodiversidade e a degradación do chan e, directamente relacionado coa actividade humana sobre o medio ambiente é a extinción de especies. E isto ten un efecto irreversible.
Para cumprir o Obxectivo 15, é esencial un cambio fundamental na relación da humanidade coa natureza, e tomar conciencia de que a natureza é a base da nosa vida na Terra.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora