Acerto da porteira

Acerto da porteira
10 de Decembro, 2024 - 02:10 h. | Publicada por Radio Fene

Perdeu o Perlío nos Pinares contra un dos grandes do grupo. Na Terceira Galicia do fútbol feminino, Perlío 1-3 Victoria C, nun partido que acabou antes de tempo debido á lesión da xogadora Sabela López.

ESCOITA O PODCAST:

“Un equipo da parte alta, punteiro a nivel galego, sabíamos da súa calidade, como equipo quizá o mellor dos que levamos xogado”, explica o adestrador do Perlío, Rafa Afonso. Pero o Perlío non baixou os brazos e o técnico dálle gran parte do mérito do marcador á porteira do equipo visitante. “Se non chega ser pola porteira, o resultado sería diferente”, destaca.

O partido deuse por finalizado dez minutos antes ao producirse a lesión de Sabela López, que, nun despexe, recibiu un forte balonazo na cara e continúa en observación ata o mércores. O técnico do Perlío mandoulle a Sabela unha mensaxe de ánimo, ao que se sumou a adestradora do Maniños, Noelia Leiras.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora