Achegan o mundo do mexillón a cociñeiros de prestixio

Achegan o mundo do mexillón a cociñeiros de prestixio

20 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Dentro do plan de desestacionalización turística do Mexillón de Boiro, que está a levar a cabo o Concello de Boiro, inclúese a iniciativa que se vai desenvolver os vindeiros días 24 e 25 de Outubro.O proxecto contará coa participación activa dun grupo de cociñeiros de referencia no panorama nacional como Pedro e Marcos Morán (Casa Gerardo, Prendes, Asturias), Juanjo Pérez (Cocinandos, León), Pepe Solla (Solla, Poio, Ponteved

Esta iniciativa pecharase na última semana de outubro con dúas novas convocatorias. Por unha banda, o  ultimo dos Obradoiros Gastronómicos programados neste conxunto de accións e nos que teñen participado os cociñeiros dos restaurantes Acio (Santiago de Compostela, 13 de setembro) e Pepe Vieira Camiño da Serpe (Poio, Pontevedra, 4 de outubro). Este último obradoiro será impartido o luns 25 de outubro ás 19:30 h no Centro Social de Abanqueiro por  Anna Mayer, italiana afincada en Sevilla á fronte do proxecto “Pannepanna”, especializado en docencia culinaria, que nos ofrecerá unha perspectiva sobre a cociña tradicional italiana con mexillón. Finalmente, entre o 28 e o 30 de outubro terán lugar o Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro, nas que están convidados a participar tódolos bares, restaurantes e cafeterías do concello.    

O Plan de desestacionalización Turística do Mexillón de Boiro, é unha iniciativa da Concellería de Turismo do  Concello de Boiro, financiada con Fondos da Unión Europea a través dos Grupos de Acción Costeira. Conta ademais coa colaboración de entidades e empresas locais como a Asociación da Exaltación do Mexillón de Galicia de Cabo de Cruz, Casa do Prado ou Casa da Posta de Valmaior,  ademais de Viña Costeira, Chicolino Restauración, María Fechoría ou Empatía Comunicación.

Sociedade