Acollida ás persoas refuxiadas

Acollida ás persoas refuxiadas
30 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A casa de María Casares en París sempre foi un lugar de acollida para refuxiados, tanto republicanos españois como xudeus que escapaban da ocupación nazi de Francia. A filosofía existencialista e o seu exilio marcan a súa experiencia teatral, para Sabela Hermida.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Para a actriz non había que escapar das vivencias á hora de facer teatro. Non había división entre vida e teatro. Sen teatro a súa vida non tiña sentido. María Casares ten sido considerada, e con razón, unha das grandes tráxicas do teatro francés. A súa traxectoria está sustentada por multitude de éxitos teatrais, segundo salienta Sabela Hermida no seu libro “María Casares fronte ao espello”. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora