Acompañamento na enfermidade

Acompañamento na enfermidade
19 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene



Asotrame ampliará a súa presenza no Hospital Arquitecto Marcide. Fará uso do novo local de asociacións de pacientes os xoves, de 10 a 12, para ofrecer información sobre os seus programas e a doazón de médula ósea e para dar apoio a pacientes de cancro hematolóxico e os seus familiares. Apoio emocional e actividades como o programa de oncoioga do que falamos coa psicóloga Ivana Iglesias. De momento ten as prazas cubertas pero animan a anotarse na lista de agarda. 

ESCOITA O PODCAST:



Actividades como o ioga poden axudar a mellorar a calidade de vida dos doentes de cancro. A Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea ofrece un programa de oncoioga moi demandado. A entidade ofrece a pacientes e familiares acompañamento emocional presencial ou telemático, desde o momento que da diagnose de cancro. “Para nós é moi importante traballar coas familias, sempre dicimos que é unha doenza familiar”, sinala Ivana Iglesias. Dispoñen de vivendas en Santiago e A Coruña próximas aos hospitais que facilitan quen precisa desprazarse para coidar aos seus familiares enfermos. O equipo de Asotrame conta con unha traballadora social que acompaña na realización de trámites e acaban de por en marcha un Espazo de pacientes. Unha páxina web na que realizan encontros virtuais con profesionais que se dedican a área oncolóxica que facilitan información veraz e de utilidade en temas como, por exemplo, nutrición.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora