Acompañar na crianza

Acompañar na crianza
19 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Acompañar durante o proceso de crianza”. As familias de Ferrolterra con crianzas menores de tres anos dispoñen dun espazo ao aire libre no CMI Unidade de Fene xestionado pola asociación socioeducativa sen ánimo de lucro BUXAINA. Iniciativa presentada en Radio Fene por Fernando Sueiro.

ESCOITA O PODCAST:

“Un pequeno refuxio para as familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos”, así describe o proxecto Fernando Sueiro. Este espazo familiar entrou en en funcionamento no mes de febreiro, pero a idea leva pensándose desde hai anos. O proxecto está pensado para 36 familias. Funciona de luns a sábados con grupos de ata seis familias cada día e conta con materiais adaptados aos distintos momentos madurativos de cada neno, nun complexo que “nos permite estar nun ámbito natural que potencia moitísimo as capacidades dos nenos e dá un remanso de paz e tranquilidade ás familias, nun contexto seguro onde o neno pode desprazarse con moita liberdade”. As persoas interesadas poden acceder a máis información na páxina web accionbuxaina.org.

Sociedade

Publica o teu comentario agora