Acompañar nas dificultades

Acompañar nas dificultades
31 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene reforzou o seu departamento de Benestar coa incorporación dunha educadora social. A primeira coa que conta o Concello, como destacou Pilar Couce, coordinadora deste departamento municipal. A nova traballadora municipal chámase Cristina Fernández Carballeira. Ela mesma explicou en Radio Fene o traballo de acompañamento ás familias que fai unha educadora social, porque, tal como comentou, moita xente descoñece esta profesión e mesmo a confunde con outras como a de traballadora social. 

ESCOITA O PODCAST:

“A educación é unha profesión que acompaña ás persoas nas dificultades que lles vaian aparecendo, poden ser problemas persoas, sociais, familiares, educativos”, apunta Cristina Fernández, que se incorporou ao departamento municipal de Benestar en decembro. Pilar Couce, a responsable do servizo está satisfeita con este reforzo “é imprescindible, non podemos traballar sen contar con profesionais que se dediquen á intervención familiar”. 

“Dende a educación social o que se pretende é acompañar a estas persoas e proporcionarlles ferramentas para que elas mesmas poidan sair adiante con autonomía”, explica Cristina. Recoñece o mérito das persoas que se deixan acompañar “é moi difícil admitir que necesitas axuda e traballar sobre iso”. Por iso considera “que as persoas veñan xa é u logro, se cambian algo xa é un avance”. 

Institucional

Publica o teu comentario agora