Acordo nos plans da Deputación para Fene

Acordo nos plans da Deputación para Fene
07 de Febreiro, 2024 - 06:46 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene fixa o destino para o medio millón de euros que lle corresponden dos plans da Deputación da Coruña para 2024. A Corporación municipal celebrou un pleno extraordinario que aprobou por unanimidade a solicitude de participación no POS+ 2024 e no POS Adicional adicado a gasto social extraordinario, segundo informou o alcalde, Juventino Trigo. 

ESCOITA O PODCAST:

“Falouse entre os grupos políticos e aprobouse por unanimidade, é importante que se aproben sen ningún voto en contra no pleno”, destacou o alcalde. O Concello ten previsto destinar parte das achegas do POS+ a gasto corrente para liberar fondos propios con destino a obras. O obxectivo é evitar que se perdan subvencións pola demora ao ter que pedir informes de outras administracións. “Este ano cambiaron as condicións do POS, o tempo de execución das obras limitase a dous anos, en Fene como teñas que pedir permisos a Patrimonio, Adif e Augas quedas fóra do prazo de execución”, explicou o rexedor. “Non podemos arriscarnos a perder as subvencións”. Por iso, o Concello intentará “facer con fondos da Deputación as obras que precisen menos permisos e as máis complicadas con cartos propios do Concello”.  Ademais, entre o POS e o Complementario son catro os proxectos solicitados, para a mellora de pavimento e a rede de pluviais en Buio, por riba do cuartel da Garda Civil, un proxecto que vai ascender a 230.000 euros. No Complementario, inclúense a mellora do camiño de Almieiras a río Sandeo, tamén do camiño dos Cadavás, en Magalofes, e a renovación das tubaxes de abastecemento no cruzamento entre a Avenida das Pías coa Avenida Marqués de Figueroa.

En canto ao POS Adicional os 72.000 euros irán integramente destinados ao servizo de axuda no fogar. O gasto en axuda no fogar ascende a case 1,4 millóns de euros en Fene, “máis da terceira parte ponos o Concello, é un servizo que non é competencia municipal, pero aquí invita todo o mundo e ao final temos que pagar os concellos”, lembrou o alcalde.

Institucional

Comentarios

Inclue a remodelación e asfaltado do camino do Castelo Limodre??¿
Nome: 
Manel Arnoso

Publica o teu comentario agora