Acordo para contratar o PXOM en Fene

Acordo para contratar o PXOM en Fene
15 de Maio, 2026 - 04:24 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno de Fene aproba por unanimidade iniciar a contratación do novo PXOM. Un paso decisivo para actualizar o planeamento urbanístico tras máis de vinte anos de vixencia do actual documento. A alcaldesa, Sandra Permui dixo que a posta en marcha do PXOM é “un compromiso claro deste mandato” e destacou a importancia dunha aprobación que cualificou de “estratéxica para o presente e o futuro do concello”. Recollemos en Radio Fene as declaracións que fixo despois do pleno o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo.

 

ESCOITA O PODCAST:

O pleno do Concello de Fene aprobou este venres o expediente de contratación do servizo de redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, un paso decisivo para actualizar o planeamento urbanístico municipal tras máis de vinte anos de vixencia do actual documento. A proposta saíu adiante por unanimidade.

Manuel Polo lembrou que o anterior contrato de redacción do PXOM foi resolto no ano 2024 por mutuo acordo coa empresa adxudicataria, porque a documentación iniciada en 2010 quedara superada pola nova lexislación. O novo PXOM substituirá o documento urbanístico actualmente en vigor, aprobado definitivamente no ano 2003, e permitirá adaptar o desenvolvemento urbanístico de Fene á normativa actual, aos cambios sociais e ás necesidades territoriais, ambientais e residenciais do municipio.

O contrato sairá a licitación con un prazo total de execución de catro anos, cunha posible prórroga dun ano máis, e contará cun orzamento base de licitación de 272.435,05 euros, IVE incluído. 



 

Institucional

Publica o teu comentario agora