ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Miñas donas e meus señores, imos dar paso á seguinte entrega, a número 10, deste podcast homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Don Ramón, xa máis morto que vivo, dando bandazos e falando coa lingua trabada, quen sabe porque... entra no cemiterio.
Ramonciño di cousas que non se entenden, coma se tivese papas na boca, e bambéase moito a piques de se caer. Eu prepárome para achegarme e prestarme a facer de interlocutor no seu derradeiro diálogo nesta terra.
Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio de “Os vellos non deben de namorarse” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A dirección é de Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos.
O grupo Merlín e Familia, que pon as voces aos personaxes deste podcast, está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao.
O imprescindible equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora