Actitudes comprometidas coa natureza

Actitudes comprometidas coa natureza
13 de Xaneiro, 2022 - 10:42 h. | Publicada por Radio Fene

Os gobernos deben acompañar e incentivar as actitudes individuais comprometidas coa natureza. Detallou así os deberes das autoridades políticas a física e divulgadora científica Susana Bayo.

Susana Bayo en Fene

Susana Bayo cre que a sociedade está cada vez máis comprometida co futuro do planeta, pero os gobernos teñen que exercer ese papel protector e incentivador. Como exemplo da evidencia do cambio climático, Bayo referiuse á vaga de calor no pasado mes de decembro. Foi un dos tres decembros máis quentes dos últimos cincuenta nos. Tamén apuntou á necesidade de reducir de xeito drástico o consumo de combustibeis fósiles. Lembrou que o CO2 na atmósfera ten unha vida de cen anos, polo que as partículas non desaparecen da noite para a mañá. Susana Bayo abreu o ciclo “Contando ciencia” organizado pola biblioteca do IES de Fene. Explicou porque se produce o cambio climático, as consecuencias inmediatas en Galicia e aportou solucións que poidamos ter nas nosas mans para facerlle fronte á crise climática. Continuarán os actos o 16 de febreiro co astrofísico Borja Tosar.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora