ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A dana en Valencia trouxo a primeiro plano os efectos negativos do quecemento global. Neste episodio de “Empeza por ti” imos dar contestación a unha pregunta que, a bon seguro, vos tedes feito algunha vez, que é a biodiversidade e porque está en perigo?
A diversidade biolóxica é a variedade de vida que hai na Terra e os patróns naturais que forma. Trátase do resultado de 4.5 mil millóns anos de evolución e, cada vez máis, do resultado da pegada humana. É imprescindible protexer a grande variedade de especies que hai no noso planeta, porque o desmesurado desenvolvemento humano, moi habitualmente, isto pasa a un segundo plano e cáusanse danos irreparábeis. De feito, segundo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, a actividade humana está levando á extinción a un millón de especies de plantas e animais. Trátase da meirande perda de vida dende a época dos dinosaurios.
Aínda que poida parecer imposible, especies das que parece que temos grandes cantidades están en perigo, entre elas, as xirafas, os carballos, loros, algúns cactos e incluso as algas mariñas.
Os científicos teñen detectado cinco factores fundamentais da crise da natureza e que compre abordar con urxencia.
Cambios na utilización do chan e do mar: A forma en que utilizamos a terra e o mar ten gran impacto na biodiversidade e cambiala pode aliviar a presión sobre os ecosistemas.
Cambio climático: o aumento da temperatura global pode ameazar ata unha de cada seis especies a nivel mundial.
Contaminación: A contaminación do aire, o chan e a auga aumenta en todo o mundo, e é fundamental reducila ao mesmo tempo que se xestionan os produtos químicos e os residuos para combater a crise da natureza. Ademais, o uso de pesticidas é o principal responsable da redución de plantas e insectos.
Explotación brutal dos recursos naturais: A sobre explotación dos recursos reverte na degradación da terra e os océanos e pode, ademais, acelerar a perda dun millón de especies que están en perigo de extinción.
Especies invasoras: As especies exóticas invasoras son aquelas que comezaron a crecer fóra do seu hábitat habitual e poden provocar a redución, ou mesmo a extinción, das especies autóctonas destas contornas.
Na nosa man está traballar en moitos deses aspectos, somos parte da biodiversidade e temos que coidala.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Na imaxe, paseo marítimo de San Valentin en Fene.
Fotografía Maite Martinez Prieto
Publica o teu comentario agora