Actividades agrícolas tradicionais

Actividades agrícolas tradicionais
26 de Setembro, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

A economía de Perlío baseábase en 1752 nas actividades agrícolas tradicionais. Había oito labregos, seis mariñeiros, dous carpinteiros, un ferreiro e unha tecedora. Funcionaban seis muíños de fariña, dous fornos de tella e tres barcos. A telleira funcionará aínda en 1921. Os tres barcos de Perlío empregábanse no transporte de leña dende esta localidade ata A Coruña. O catastro da conta igualmente dunha única taberna no lugar das Chancas. A delimitación da parroquia comezaba na Cañota da Cagalleira, que saía do camiño Real de Neda a Pontedeume. De alí vai á fonte denominada daquela “do casal dos touros” en Mundín. Os lindes remataban no denominado camiño das Redes que finalizaba na ría de Ferrol. 

Muíño de Mundín. Perlío. Fene

Cincuenta e tres muíños funcionaban de xeito simultáneo en Fene a mediados do século dezaoito. A concentración de xentes do traballo en Ferrol, favoreceu que na comarca florecera toda unha economía que tiña como base o abastecemento de pan da cidade departamental. Explícase así a concentración de muíños e muiñeiros en Ferrolterra e en concreto nas canles fluviais de Fene, cunha orografía en suave pendente cara o mar. Os pequenos regatos eran o marco idóneo para a construción de muiños onde moer a fariña que precisaban os fornos. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora