ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Anxos Garcia Fonte e Carlos Sardiña presentan a súa banda deseñada “A morte nas fragas”. Proxectarase tamén a película documental “Os fíos da memoria” sobre o hábitat das fragas do Eume, o lugar no que floreceu a loita contra a ditadura entre 1936 e 1951. A veciñanza de Monfero, Pontedeume, Cabanas e A Capela coñecía a riqueza da zona e a súa posibilidade de propiciar a subsistencia nunha peripecia que merece recoñecemento público unánime.

O acto celebrarase o xoves 24 ás 20 h. na Escola Laica de Cabanas. Organiza Son Radiofusión. Segundo os organizadores do acto, “no mundo o autoritarismo, está gañando a batalla da información. Indican que “debemos activar o compromiso de comportamentos e hábitos éticos dende unha perspectiva integradora de ideas e culturas. Porque a memoria da democracia é un ben común que debemos coidar e protexer. Nesa liña, a micro-historia sérvenos para comprobar o carácter xerárquico da violencia extrema empregada pola facción do exército sublevada en xullo de 1936. Unha política de memoria democrática debe preservar os dereitos humanos, e intentar evitar que se repitan eses feitos, defendendo valores básicos como a convivencia, tolerancia e o respecto á liberdade".
Publica o teu comentario agora