ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene vese na obriga de retirar as casetas situadas nas pistas de atletismo de Barallobre debido aos reiterados actos vandálicos que levan sufrindo nos últimos meses. A estrutura apareceu novamente co mobiliario esnaquizado, malia que xa foran denunciados ataques anteriores.

O concelleiro de deportes, Adán Chao, visitou as instalacións para facer unha valoraicón e lamentou a situación, subliñando que “estes actos vandálicos non só deterioran un espazo público pensado para uso e desfrute da veciñanza, senón que tamén supoñen un custo adicional para o concello”. O edil explicou que, ante a imposibilidade de garantir a súa seguridade, "vémonos na obriga de proceder á súa retirada para evitar máis danos".
O Concello de Fene reitera o seu compromiso co mantemento das instalacións deportivas municipais e fai un chamamento ao civismo para preservar os espazos públicos.
Publica o teu comentario agora