A actriz Marián Bañobre, castigada

A actriz Marián Bañobre, castigada

12 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A actriz Marián Bañobre síntese “castigada” polos políticos e programadores teatrais da comarca de Ferrol, porque non chaman a Ibuprofeno Teatro, a compañía na que está embarcada. Pero xa dí o refrán que ninguén é profeta na súa terra. E iso que no 2013 gañóu o Premio María Casares á Mellor interpretación feminina, e o seu espectáculo “Pequenos actos pseudorrev

Chámase Marián Bañobre e traballa en Ibuprofeno Teatro. A sua incursión no teatro empezou de pequena asistindo ás representacións que se facían no Cine Urimare de Narón. Aos 14 anos asiste ao obradoiro de teatro de Andrés Pazos en Ferrol e actúa nas obras do instituto.

Integrada na campañía Ibuprofeno Teatro representan ata tres espectáculos a un tempo. Entre eles está “Fytness” (2013) ou “A filla de Woody Allen”.Woody Allen está no candeleiro pola denuncia da sua filla, pero Bañobre aclara que a obra de Ibuprofeno non se mete na vida persoal do cineasta, senón que ven ser unha homenaxe á sua filmografía.

Bañobre é crítica cos políticos e programadores da comarca, sinalando  que Ibuprofeno Teatro non debe ser do seu gosto porque non a contratan, e conclúe que “está castigada”. A semana que ven represéntan en Oviedo “Pequenos actos pseudorrevolucionarios”.

Sociedade