ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O DJ Estraval actuará esta noite nas festas de Perlío. A orquestra América de Vigo traerá as súas adaptacións de grandes éxitos do pop e do rock traducidas ao galego. Cantarán no campo da festa de Perlío desde as doce da noite ata as tres da madrugada. Esta mañá en A Fenestra de Radio Fene falamos con Eder González, encargado e baixista da formación que anunciou algunha sorpresa relacionada coa recentemente falecida Tina Turner.
Os bos prognósticos do tempo empuxaron á comisión de festas a desbotar a posibilidade de instalar unha carpa na zona. América de Vigo ofrecerá ao público versións en galego de Queen, Tom Jones e Bon Jovi.
América de Vigo coa súa xira “On the run” o venres e Pasión e Cinema o sábado. As verbenas comezaran esta noite e seguirán o sábado. O domingo celebrarase unha sesión vermú larga ata as oito e media da tarde. Unha polbeira instalarase en Perlio o domingo e se non chove haberá tamén festa da escuma para a rapazada.
Atraccións festivas en Perlío
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora