ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cunha festa infantil a cargo de La Guagua botará a andar o venres 5 de xullo, ás 18.00 horas, o ciclo “Xullo, mes da Patria”, organizado pola Concellería de Cultura de Fene. Nesta primeira cita, dirixida aos máis pequenos da casa, haberá inchables, xogos de auga e animación na Praza Ramón Souto, escenario de boa parte das actividades. Ese mesmo día pola mañá, a partir das 10.00 horas, repartiranse na Casa da Cultura de Fene as invitacións para asistir ao espectáculo que ofrecerá o monologuista Carlos Blanco o mércores 10. Entregaranse dúas entradas por persoa adulta até completar o aforo.
Trala festa infantil coa que se inaugura o programa, o ciclo “Xullo, mes da Patria” continuará o martes 9 ás 21 horas, na praza do CPS de San Valentín, co espectáculo familiar Peor Imposible, do clown Peter Punk. Función programada coa colaboración do CPS de San Valentín e Agadic.
Tamén a xornada do mércores 10 estará adicada ao humor co monologuista Carlos Blanco como protagonista. A función comezará ás 21.30 horas na praza Ramón Souto con entrada de balde (previa recollida de invitacións -2 por persoa adulta- o venres 5 de xullo, ás 10.00 horas, na Casa da Cultura). Función programada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación, ao igual que os concertos do día seguinte.
O xoves 11 de xullo a partir das 21.00 horas actuarán na Praza Ramón Souto, Caamaño&Ameixeiras co espectáculo Quitar o aire e Grande Amore, presentando o seu último disco II. Entrada libre e de balde.
E xa para pechar o programa, o venres 12 de xullo ás 20 horas, Alexandre Marín –fillo do debuxante e humorista gráfico Xaquín Marín- dará lectura á Declaración Institucional polo Día da Patria Galega a carón do monumento instalado no parque liñal do río Cádavo. E, a partir das 21 horas, comezará a carón da Casa do Concello o tradicional Festival de Habaneiras e Canto Coral, no que tomarán parte as corais e rondallas do concello.
Publica o teu comentario agora