ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un salón de plenos cheo de público deu testemuña na mañá de onte da actualidade da memoria histórica democrática. Lembrouse a Ramón Souto, alcalde de Fene asasinado en 1936 despois do golpe de estado. No mesmo acto presentouse o libro de banda deseñada "A morte nas fragas" arredor dos sucesos que acabaron coa vida de Pedro Rico Rodeiro e Constantino López Marcos no verán de 1947. Arredor deses feitos xira o documentario "Os fios da memoria".

Os autores da banda deseñada Anxos García Fonte e Carlos Sardiña explicaron o proceso de criación do volume e no emotivo acto tamén interveu a alcaldesa de Fene Sandra Permui quen depositou unha ofrenda floral diante da placa que lembra a Ramón Souto. Asistiron familiares das vítimas da ditadura, os ex-alcaldes Xosé Maria Rivera, Gumersindo Galego e Juventino Trigo e representantes da asociación Memoria Histórica Democrática.
Na imaxe, Anxos Garcia Fonte, Carlos Sardiña, Sandra Permui e Henrique Sanfiz
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora