Actualidade política

Actualidade política
30 de Xullo, 2026 - 04:35 h. | Publicada por Radio Fene

Planificación de obras e da carreira política con vistas ás eleccións municipais de 2027 son dous dos temas que abordamos esta semana no espazo As Foxas coa voceira de Esquerda Unida e concelleira de Obras do Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Batalla por sacar adiante obras que se atascan a concelleira Mari Carmen Martínez, Lamenta as complicacións que retrasan o comezo dos traballos no camiño da Corredoira, onde a aparición dun noiro obriga a facer un novo proxecto para eliminalo. Explica tamén que a espera por un permiso de Sanidade atrasou o comezo das obras da Lagarteira. Outro proxecto que agarda é o do muro de Perlío. Quedaron desertas dúas licitacións e agora convidarán a tres empresas para executar os traballos cun contrato menor. 

Pensando nas eleccións

Pendente para setembro tamén, tras as vacacións, a decisión de Esquerda Unida respecto das vindeiras eleccións municipais, Mari Carmen Martínez lembra que en Fene apostaron sempre pola estabilidade fronte a “experimentos que o que fan é máis atrancar que solucionar”, en palabras da voceira de Esquerda Unida no Concello de Fene. 

Institucional

Publica o teu comentario agora