ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Sonoro Maxín actúa este domingo na Festa do Pan de Neda. O seu concerto comezará ás sete e media da tarde no paseo de Xuvia. Antes o grupo Berros do Castro e a charanga de Carmiña arrufarán a velada. Os Zares ofrecerán as pezas do mediodía.
O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions. Moito bagaxe detrás de cada un dos seus compoñentes. Eles buscan unha verbena actualizada, onde o público vaia bailar e gozar. Son os creadores do tropicalismo galego, que xa pode considerarse un xénero e que eles converten na máxima expresión da festa que lles “corre polas veas”. Definen os seus espectáculos como “coa personalidade propia do conxunto que acolle diferentes estilos musicais como a cumbia, o forró, o merengue e o rock, inventando as cancións da Galiza tropical”.
Publica o teu comentario agora