Acusan á Xunta de "falta de empatía"

Acusan á Xunta de "falta de empatía e comprensión"
18 de Decembro, 2018 - 08:48 h. | Publicada por Radio Estrada

“Non imos calar: alguén fixo mal o seu traballo” advirte a filla de José´Manuel Brey no Parlamento. A comisión alternativa sobre os recortes na Sanidade recibiu ao voceiro da familia de José Manuel Brey. Tamén a Eduardo Díaz e Pilar Rodríguez, médico e enfermeira en senllos PAC e activistas contra os recortes. Os tres apoiáronse en cadansúas experiencias persoais para, a partes iguais, admitir a profesionalidade do sistema sanitario público e a necesidade de dotalo de máis e mellores recursos. "Non queremos que morra ninguén baixo a nosa responsabilidade, queremos facer o noso traballo. Se nos deixan", resumiu Díaz, visiblemente emocionado.

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

O voceiro da familia, Manuel Pereira,leu unha carta da filla de José Manuel Brey, de 65 anos, falecido tras acudir ao PAC da Estrada donde non puido ser atendido pola falla dun médico. “Non hai dereito a que ningunha persoa pase por estes duros momentos debido á mala xestión dos recursos sanitarios, dixo Pereira, quen tamén emprazou á Xunta de Galicia a “recapacitar e nn permitir que a morte de José Manuel Brey sexa en vano”.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora