Acusan a Feijóo de "entregar a sanidade a empresas amigas"

Acusan a Feijóo de "entregar a sanidade a empresas amigas"

12 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"Privatización é corrupción". Ese foi un dos lemas máis coreados na manifestación en defensa da sanidade pública. Máis de cinco mil cidadáns participaron na protesta que percorreu onte á noite as rúas céntricas de Vigo. "Hospital privado, futuro hipotecado" e "Laboradorio central, no novo hospital" foron outras dos consignas.

A marcha esixiu a paralise da integración de 300 traballadores de servizos non sanitarios á Sociedade Concesionaria do Novo Hospital de Vigo. Todos os sindicatos e partidos políticos -salvo o PP- respaldaron a reivindicación. A xunta de persoal denuncia que a área sanitaria de Vigo sofre "con especial virulencia" a "privatización da sanidade pública". Acusan a Núñez Feijóo de entregar a sanidade "a empresas amigas para que fagan negocio coa enfermidade e o sofrimento das persoas".

Sociedade